ARTES
ESCÉNICAS E DANZA 4º ESO 2018-2019
Tal e como recolle o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo
que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do
bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia: A materia de Artes Escénicas
e Danza debe dotar o alumnado de coñecementos, técnicas e procedementos que
lle permitan expresarse e crear artisticamente a través das linguaxes do
teatro e a danza. (...) É indispensable que o alumnado tome conciencia dos
seus recursos expresivos e os desenvolva na práctica, mediante a exploración
dos compoñentes do movemento (corpo, espazo, tempo, enerxía e interrelación);
o desenvolvemento da súa capacidade de concentración, relaxación e
autoconciencia corporal; a procura de niveis óptimos de equilibrio
psicofísico; a aplicación do imaxinario na modelaxe da súa conduta; a
estimulación das súas habilidades comunicativas; a vivencia e a recreación de
situacións dramáticas diversas; a exploración dos seus recursos no terreo da
oralidade; e o desenvolvemento da sensibilidade rítmica e melódica a nivel
corporal e vocal.
|
Cuestións
propias da materia:
Estrutura
dramática e linguaxe teatral.
Recursos
dramáticos e expresivos: expresión corporal e oral.
Técnicas
de improvisación.
Composición
coreográfica.
|
Das tres sesións
semanais unha estará enfocada ao tratamento de contidos teóricos e dúas á
realización de tarefas prácticas creativas:
ESPAZOS
|
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
|
|
Sesión teórico-práctica
|
xoves,
aula convencional/aula informática
1
|
Diario
artístico de aprendizaxe /Probas
escritas
|
Sesión práctica formativa
|
luns,
aula psicomotricidade
|
Diario
artístico de aprendizaxe /Observación
|
Sesión práctica creativa
(AVALIACIÓN SEMANAL)
|
martes,
ximnasio/aula magna
|
Diario
artístico de aprendizaxe/ Tarefa
creativa/Proxecto
|
CONTIDOS
|
PROCEDEMENTOS DE
AVALIACIÓN
|
CUALIFICACIÓN PLATAFORMA
|
||
PRIMEIRA
AVALIACIÓN
|
18 set-18 dec
|
PERCORRIDO
ANIMADO POLA HISTORIA DO ESPECTÁCULO
(10 temas)
“A túa misión: poñerte en camiño”
|
Un Diario
Artístico de Aprendizaxe (portafolio)
por avaliación
40%
Tarefas/Proxecto por avaliación
40%
Unha
Proba Obxectiva
por avaliación (escrita/ oral)
20%
|
4 notas Diario Artístico
4 notas Tarefas
1 nota Proba Final
|
SEGUNDA AVALIACIÓN
|
8 xan- 26 mar
|
DESEÑO
E MONTAXE DUN ESPECTÁCULO TEATRAL
Galiza, Muller
(6 temas)
|
3 notas Diario Artístico
3 notas Tarefas integradas no Proxecto
1 nota Proba Final
|
|
TERCEIRA
AVALIACIÓN
|
27mar-18 xuñ
|
PROXECTO
CREATIVO SOLIDARIO - CREACIÓN DUN ESPECTÁCULO DE TEATRO E DANZA
(4
temas)
“O teu reto:
cambiar o mundo”
|
2 notas Diario Artístico
2 notas Tarefas integradas no Proxecto
1 nota Proba Obxectiva
|
Para
que estas porcentaxes teñan validez, a/o alumna/o deberá alcanzar en todos
os procedementos de avaliación (portfolios, tarefas e probas obxectivas)
que se realicen en cada avaliación un mínimo de 3 puntos sobre 10. En
caso contrario a avaliación será negativa por non chegar ao mínimo/nivel
esixido.
Existe a posibilidade de realizar
actividades para subir nota (actividades de positivo), sempre e cando as
actividades se realicen nos prazos marcados e cumpran satisfactoriamente cos
criterios requiridos.
A avaliación é continua, na segunda e na última avaliación
entrarán contidos das avaliacións anteriores.
A nota final será igual ou
superior (no caso de existir unha proba específica para subir nota) á nota da
terceira avaliación, sempre e cando o alumno/a teña todas as avaliacións
aprobadas e non exista unha diferencia de máis de dous puntos con respecto a
avaliación anterior.
-
Se
un alumno/a cunha avaliación positiva sube nota dunha avaliación a outra non
pode existir unha diferencia maior a
dous puntos con respecto a avaliación anterior.
-
Se
un alumno/a coa primeira e a segunda avaliación suspensas (incluídas as
recuperacións) consegue aprobar a última avaliación a nota desta última
avaliación non poderá superar o cinco.
-
Se
un alumno/a coa primeira e a segunda avaliación aprobadas suspende a última
avaliación (incluída a recuperación) esgotará as súas posibilidades de
recuperar ata a convocatoria extraordinaria de setembro.
DIARIO ARTÍSTICO DE APRENDIZAXE/PORTFOLIO
(40%)
- Avaliación
Inicial/RP
- Apuntamentos
- Actividades e
comentarios
- Diario de sesións/aprendizaxe
· É obrigatorio empregalo como
ferramenta de aprendizaxe en todas as sesións semanais .
· Pode ser solicitado para a súa
revisión/avaliación en calquera momento que se considere oportuno.
· O alumna/o que non entrega o Diario
ou Portfolio nas datas propostas ou
cando se solicita será cualificado cun 0.
·
O alumno/a
comprométese a realizar as actividades por si mesmo/a, con autonomía.
·
Se un
alumna/o copia actividades ou calquera outro apartado do Portfolio será
cualificado cun 0.
· As faltas graves
de ortografía e presentación deficiente baixan unha pequena porcentaxe da nota
(máximo 1 punto): descontarase 0,1 por cada falta de ortografía e 0,25 por non
respectar as marxes.
TAREFAS CREATIVAS ENGLOBADAS NUN PROXECTO ESCÉNICO (40%)
- Recursos dramáticos
e expresivos: expresión corporal e oral.
- Estrutura dramática
e linguaxe teatral.
- Técnicas de
improvisación.
- Composición
coreográfica.
- O alumnado
debe asistir ás clases prácticas con roupa deportiva.
- Non está permitida a goma d emascar.
- Estar en silencio e amosar boa predisposición.
- O
alumno/a debe amosar respecto en todas as situacións propostas, rexeitando
os prexuízos e practicando a escoita activa e a asertividade.
- Se un alumna/o amosa unha conduta contraria as
normas de convivencia será cualificado/a cun 0.
PROBAS
OBXECTIVAS (20 %)
CONCENTRACIÓN
- Enriba da mesa só se permite ter un bolígrafo de cor
azul. Non se pode empregar corrector, nin bolígrafos que borren, nin
folios que non sexan facilitados polo profesorado.
- Os teléfonos móbiles, os reloxos dixitais ou calquera outro dispositivo electrónico debe quedar apagado e gardado.
ESCOITA
- Antes de comezar a proba o profesorado dará as indicacións necesarias para a súa realización, resolvendo as dúbidas pregunta por pregunta.
AUTONOMÍA
- Unha vez resoltas as dúbidas non se permiten nin se
responden preguntas. O profesorado irá dando indicacións sobre o tempo
restante (20 minutos/10 ou 5) e unha vez rematado o tempo é obrigatorio
entregar a proba.
- Se un alumna/o intenta copiar ou copia nunha proba ou amosa unha conduta contraria as normas de convivencia, se lle retira a proba que será cualificada cun 0.
CCL
- As faltas de ortografía sobre contidos estudados e a
presentación deficiente baixan unha pequena porcentaxe da nota (máximo 1
punto): descontarase 0,1 por cada falta de ortografía e 0,25 por non
respectar as marxes.
Se un alumna/o non se presenta a unha proba
obxectiva/tarefa, ou falta as horas previas, só se lle repite a proba (que
nalgúns casos coincidirá coa seguinte) no caso de que a ausencia sexa
xustificada (xustificante médico similar). En caso contrario non se repite a
proba/tarefa e o alumno/a será cualificado/a cun 0.
- Se un alumno/a supera a porcentaxe de ausencias sen xustificar perderá do dereito á avaliación continua (NOF).
Se un alumno/a incumpre unha norma de convivencia será sancionado conforme o estipulado no NOF
(Normas de Organización e Funcionamiento) do centro.
Entre as normas máis importantes están:
-
Estar
en silencio e amosar boa predisposición.
-
Levantar
a man para intervir (non interrompemos).
-
O axeitado aproveitamento das clases e o respecto
cara todos os membros da comunidade educativa.
Potenciaremos a través da aprendizaxe cooperativa e das habilidades
sociais as formas de xestionar a clase que favorezan a cooperación, o diálogo e
a participación, que impidan os comportamentos discriminatorios, e xeren un
clima de confianza (competencias social e
cidadá e a autonomía e iniciativa persoal).
-
No traballo en equipo:
o Atendemos as indicacións do
profesorado.
o Respectamos a sinal pactada para
gardar silencio e os momentos de traballo en silencio.
o Comezamos a traballar unha vez
que todos os membros do equipo teñen unha tarefa asignada.
o Respectamos as normas
consensuadas entre os membros do equipo.
o Cubrimos o diario de sesións
conxuntamente.
o Resolvemos os conflitos a través
do diálogo.
o Cada alumno/a debe asumir un rol
relacionado coas hablidades sociais para previr posibles conflitos:
¾ Mediador/a
¾ Animador/a da asertividade
¾ Animador/a da escoita activa.
¾ Animador/a do autocontrol.
¾ Animador/a empatía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario