miércoles, 26 de septiembre de 2018

El teatro como edifico. Diferencias entre el griego y romano.

Escultura como recurso expresivo

El arte figurativo, la escultura principalmente, ha representado a lo largo de la historia estados anímicos, emociones o pasiones a través de posturas o posiciones estáticas que: ¡magia!; provocan la sensación de movimiento y que todas las personas de la misma cultura saben interpretar o entienden.
Menos es más: más vale una buena y sencilla postura para apoyar nuestro texto que muchos gestos y movimientos inconexos que perturban la claridad del mensaje.

Poderoso Coro de Poderosa Afrodita

Comedia griega: Lisístrata

La comedia griega de Aristófanes, Lisístrata, continúa dando guerra hoy en día. Las compañías siguen adaptando un guión que nunca pasa de moda...

Tragedia Griega: Edipo Rey

En este fragmento podéis haceros una idea de la puesta en escena de con

Y para aligerar el drama os recomiendo a Les Luthiers. A estos argentinos les sirve cualquier argumento (Edipo incluido) para hacernos reír:

sábado, 22 de septiembre de 2018

Ted Shawn

Ted Shawn (1891-1972), pionero de la danza norteamericana moderna define la danza como “el arte en el que nosotros mismos somos el material del cual está hecho”.

lunes, 17 de septiembre de 2018

Programación 2018-2019


ARTES ESCÉNICAS E DANZA   4º ESO    2018-2019



*       A MATERIA:
Tal e como recolle o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia: A materia de Artes Escénicas e Danza debe dotar o alumnado de coñecementos, técnicas e procedementos que lle permitan expresarse e crear artisticamente a través das linguaxes do teatro e a danza. (...) É indispensable que o alumnado tome conciencia dos seus recursos expresivos e os desenvolva na práctica, mediante a exploración dos compoñentes do movemento (corpo, espazo, tempo, enerxía e interrelación); o desenvolvemento da súa capacidade de concentración, relaxación e autoconciencia corporal; a procura de niveis óptimos de equilibrio psicofísico; a aplicación do imaxinario na modelaxe da súa conduta; a estimulación das súas habilidades comunicativas; a vivencia e a recreación de situacións dramáticas diversas; a exploración dos seus recursos no terreo da oralidade; e o desenvolvemento da sensibilidade rítmica e melódica a nivel corporal e vocal.
Cuestións propias da materia:

           Estrutura dramática e linguaxe teatral.

          Recursos dramáticos e expresivos: expresión corporal e oral.

          Técnicas de improvisación.

         Composición coreográfica.



*      3 SESIÓNS SEMANAIS:
Das tres sesións semanais unha estará enfocada ao tratamento de contidos teóricos e dúas á realización de tarefas prácticas creativas:


ESPAZOS
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
Sesión teórico-práctica
xoves,
aula convencional/aula informática 1
Diario artístico de aprendizaxe /Probas escritas
Sesión práctica formativa
luns,
aula psicomotricidade
Diario artístico de aprendizaxe /Observación
Sesión práctica creativa
(AVALIACIÓN SEMANAL)
martes,
ximnasio/aula magna
Diario artístico de aprendizaxe/ Tarefa creativa/Proxecto

*      PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:



CONTIDOS
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
CUALIFICACIÓN PLATAFORMA
PRIMEIRA
AVALIACIÓN

18 set-18 dec


PERCORRIDO ANIMADO POLA HISTORIA DO ESPECTÁCULO
(10 temas)
“A túa misión: poñerte en camiño”


Un Diario Artístico de Aprendizaxe (portafolio) por avaliación 
40%


Tarefas/Proxecto por avaliación
40%


Unha Proba Obxectiva por avaliación (escrita/ oral)
20%


4 notas Diario Artístico

4 notas Tarefas

1 nota Proba Final
SEGUNDA AVALIACIÓN

8 xan- 26 mar

DESEÑO E MONTAXE DUN ESPECTÁCULO TEATRAL
Galiza, Muller
(6 temas)
3 notas Diario Artístico

3 notas Tarefas integradas no Proxecto

1 nota Proba Final
TERCEIRA
AVALIACIÓN

27mar-18 xuñ

PROXECTO CREATIVO SOLIDARIO - CREACIÓN DUN ESPECTÁCULO DE TEATRO E DANZA
(4 temas)
“O teu reto: cambiar o mundo”

2 notas Diario Artístico

2 notas Tarefas integradas no Proxecto

1 nota Proba Obxectiva

Para que estas porcentaxes teñan validez, a/o alumna/o deberá alcanzar en todos os procedementos de avaliación (portfolios, tarefas e probas obxectivas) que se realicen en cada avaliación un mínimo de 3 puntos sobre 10. En caso contrario a avaliación será negativa por non chegar ao mínimo/nivel esixido.
Existe a posibilidade de realizar actividades para subir nota (actividades de positivo), sempre e cando as actividades se realicen nos prazos marcados e cumpran satisfactoriamente cos criterios requiridos.

A avaliación é continua, na segunda e na última avaliación entrarán contidos das avaliacións anteriores.
A nota final será igual ou superior (no caso de existir unha proba específica para subir nota) á nota da terceira avaliación, sempre e cando o alumno/a teña todas as avaliacións aprobadas e non exista unha diferencia de máis de dous puntos con respecto a avaliación anterior.

-        Se un alumno/a cunha avaliación positiva sube nota dunha avaliación a outra non pode existir  unha diferencia maior a dous puntos con respecto a avaliación anterior.

-        Se un alumno/a coa primeira e a segunda avaliación suspensas (incluídas as recuperacións) consegue aprobar a última avaliación a nota desta última avaliación non poderá superar o cinco.

-        Se un alumno/a coa primeira e a segunda avaliación aprobadas suspende a última avaliación (incluída a recuperación) esgotará as súas posibilidades de recuperar ata a convocatoria extraordinaria de setembro.


*      CRITERIOS ESPECÍFICOS DE CADA PROCEDIMENTO DE EVALUACIÓN:
DIARIO ARTÍSTICO DE APRENDIZAXE/PORTFOLIO (40%)

- Avaliación Inicial/RP
- Apuntamentos
- Actividades e comentarios
- Diario de sesións/aprendizaxe
·      É obrigatorio empregalo como ferramenta de aprendizaxe en todas as sesións semanais .
·      Pode ser solicitado para a súa revisión/avaliación en calquera momento que se considere oportuno.
·      O alumna/o que non entrega o Diario ou Portfolio  nas datas propostas ou cando se solicita será cualificado cun 0.
·      O alumno/a comprométese a realizar as actividades por si mesmo/a, con autonomía.
·      Se un alumna/o copia actividades ou calquera outro apartado do Portfolio será cualificado cun 0.
·   As faltas graves de ortografía e presentación deficiente baixan unha pequena porcentaxe da nota (máximo 1 punto): descontarase 0,1 por cada falta de ortografía e 0,25 por non respectar as marxes.

TAREFAS CREATIVAS ENGLOBADAS  NUN PROXECTO ESCÉNICO (40%)

- Recursos dramáticos e expresivos: expresión corporal e oral.
- Estrutura dramática e linguaxe teatral.
- Técnicas de improvisación.
- Composición coreográfica.

  • O alumnado debe asistir ás clases prácticas con roupa deportiva.
  • Non está permitida a goma d emascar.
  • Estar en silencio e amosar boa predisposición.
  • O alumno/a debe amosar respecto en todas as situacións propostas, rexeitando os prexuízos e practicando a escoita activa e a asertividade.
  • Se un alumna/o amosa unha conduta contraria as normas de convivencia será cualificado/a cun 0.


PROBAS OBXECTIVAS (20 %)

CONCENTRACIÓN
  • Enriba da mesa só se permite ter un bolígrafo de cor azul. Non se pode empregar corrector, nin bolígrafos que borren, nin folios que non sexan facilitados polo profesorado.
  • Os teléfonos móbiles, os reloxos dixitais ou calquera outro dispositivo electrónico debe quedar apagado e gardado.
ESCOITA
  • Antes de comezar a proba o profesorado dará as indicacións necesarias para a súa realización, resolvendo as dúbidas pregunta por pregunta.
AUTONOMÍA
  • Unha vez resoltas as dúbidas non se permiten nin se responden preguntas. O profesorado irá dando indicacións sobre o tempo restante (20 minutos/10 ou 5) e unha vez rematado o tempo é obrigatorio entregar a proba.
  • Se un alumna/o intenta copiar ou copia nunha proba ou amosa unha conduta contraria as normas de convivencia, se lle retira a proba que será cualificada cun 0.
CCL
  • As faltas de ortografía sobre contidos estudados e a presentación deficiente baixan unha pequena porcentaxe da nota (máximo 1 punto): descontarase 0,1 por cada falta de ortografía e 0,25 por non respectar as marxes.

*      AUSENCIAS :
Se un alumna/o non se presenta a unha proba obxectiva/tarefa, ou falta as horas previas, só se lle repite a proba (que nalgúns casos coincidirá coa seguinte) no caso de que a ausencia sexa xustificada (xustificante médico similar). En caso contrario non se repite a proba/tarefa e o alumno/a será cualificado/a cun 0.
  • Se un alumno/a supera a porcentaxe de ausencias sen xustificar perderá do dereito á  avaliación continua (NOF).

*      NORMAS DE CONVIVENCIA :
Se un alumno/a incumpre unha norma de convivencia  será sancionado conforme o estipulado no NOF (Normas de Organización e Funcionamiento) do centro.
Entre as normas máis importantes están:
-        Estar en silencio e amosar boa predisposición.
-        Levantar a man para intervir (non interrompemos).
-        O axeitado aproveitamento das clases e o respecto cara todos os membros da comunidade educativa.

*      TRABALLO EN EQUIPO (COOPERATIVO):
Potenciaremos a través da aprendizaxe cooperativa e das habilidades sociais as formas de xestionar a clase que favorezan a cooperación, o diálogo e a participación, que impidan os comportamentos discriminatorios, e xeren un clima de confianza (competencias social e cidadá e a autonomía e iniciativa persoal).
-          No traballo en equipo:
o   Atendemos as indicacións do profesorado.
o   Respectamos a sinal pactada para gardar silencio e os momentos de traballo en silencio.
o   Comezamos a traballar unha vez que todos os membros do equipo teñen unha tarefa asignada.
o   Respectamos as normas consensuadas entre os membros do equipo.
o   Cubrimos o diario de sesións conxuntamente.
o   Resolvemos os conflitos a través do diálogo.
o   Cada alumno/a debe asumir un rol relacionado coas hablidades sociais para previr posibles conflitos:
¾    Mediador/a
¾    Animador/a da asertividade
¾    Animador/a da escoita activa.
¾    Animador/a do autocontrol.
¾    Animador/a empatía.